Entidades sociais de Ferrolterra sensibilizan sobre a X Solidaria na declaración da renda

Representantes das entidades da comarca de Ferrolterra COGAMI, Alcer, Asotrame, Aspanemi, Parkinson Ferrol, Afal, Down Teima Ferrol, Saúde Mental Eume e Ortegal e Fundación Secretariado Gitano xuntáronse este xoves 11 en Ferrol, na Fonte do Cantón de Molínspara animar á veciñanza a que se sume a marcar o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”.

Co inicio da campaña da declaración da renda, as entidades sociais fan un chamamento para que o financiamento económico que chega a través do 0,7% do IRPF continúe crecendo e así posibilite que as ONG poidan seguir prestando servizos e desenvolvendo programas dos que resultan beneficiarias milleiros de persoas.

Estas entidades que se concentraron na praza, leron un manifesto no que sensibilizan da importancia de marcar o X Solidario.

Durante 2023, a campaña recadou en Galicia 24.029.488 €, grazas a que 775.395 persoas (o 54,5% do total de contribuíntes) marcaron o X Solidario na súa Declaración, o que supón unha recadación de 30’99 € por persoa. Foron 24.528 persoas máis que en 2022, o que permitiu recadar 2.638.195 € máis.

Aínda así, 647.628 contribuíntes seguen sen marcar o X Solidario (530.187 non marcaron ningún recadro e 117.441 só marcaron o da Igrexa). Se todos os galegos e galegas marcasen o X Solidario, a asignación final en Galicia sería de 39. 461 392 Euros (15.431.905 € máis).

A nivel estatal, a campaña da renda do ano pasado recadou 475.902.000 € grazas a que 12.052.295  persoas marcaron o X Solidario súa Declaración, é dicir, un 53% do total de persoas declarantes. O que supón que o número de persoas contribuíntes solidarias creceu en case 2 millóns nos últimos 10 anos.

Dende as entidades de acción social galegas queren recordar que «marcando o X Solidario, o recadro de Fins Sociais, nin se paga máis nin se recibe menos cartos no caso de devolución e, como contrapartida, contribuímos á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan».

«Se xa se marca a casiña da Igrexa, marcando tamén a de ‘Actividades de Interese Social’, pódese axudar o dobre.  Se fas a declaración a través da app, a casilla aparece como “Fines Sociales”.

Lea también

Los establecimientos de ocio en Ferrol, amplían horario el 24 y 31 de diciembre

El concejal de Fiestas de Ferrol, Arán López, informó en la comisión del área de …