Ares imparte obradoiros para aprender a manexar e manter unha bicicleta

‘Rodas escolares’ é o nome que recibe a última proposta da concellaría de Deportes que involucra á rapazada do CPI As Mirandas tanto de primaria coma secundaria: un conxunto de actividades para coñecer unha bicicleta, manexala nunha contorna natural e coñecer que se precisa para tela a punto.

Arrancou esta iniciativa cunha pequena charla práctica no pavillón polideportivo de Ares, en colaboración co Café-Obradoiro de reparación de bicicletas Kom. Ata alí foron os e as estudantes do centro educativo As Mirandas e aprenderon como engrasar unha cadea ou regular o freo, cal é o inflado adecuado, como sinalizar manobras ou axustar o sillín e manillar á súa altura.

Todo o coñecemento que adquiran poderán poñelo en práctica a próxima semana, pois a proposta do Concello abrangue tamén unha saída dende o CPI pola contorna aresán coas propias bicicletas, todas en correcto estado de mantemento para o seu emprego.

Rodas escolares é unha iniciativa enmarcada dentro de Sporural, o proxecto do Erasmus + Deportivo no que se inscribe Ares, xunto con outras localidades de Hungría ou Grecia

Lea también

Apertura de nueva pescadería en la lonja de Barallobre

La Cofradía de Pescadores de Barallobre anuncia con «enorme ilusión» la apertura de su nueva …