Máis de 100 estudantes de ESO e de BACH de distintos puntos de Galicia participan este venres 12 de abril, de 09:30 a 14:30 horas, na III Olimpíada Robótica que organiza a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña.
A competición terá lugar no pavillón cuberto do Centro de Educación Infantil Primaria de Esteiro e o acto de entrega de premios, previsto para as 14:00 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do campus ferrolán.
Ao longo da mañá, o alumnado participante, dividido en 26 equipos de entre tres e seis persoas, terá que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No sigue liñas, o robot debe seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñan no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, o estudantado terá que empregar algoritmos similares aos que empregan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro.
Acadará a maior puntuación aquel equipo que consiga barrer todos os obxectos do taboleiro no menor tempo posible. Por último, na competición de sumo, os equipos medirán as súas forzas nun cara a cara no que deberán expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.
Nesta III Olimpíada Robótica participará estudantado de secundaria e/ou de bacharelato do Colegio Plurilingüe Compañía de María e do IES Salvador de Madariaga da Coruña, do IES Saturnino Montojo, do Colexio Tirso de Molina e do Colexio Cristo Rey de Ferrol, do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha de Betanzos e do IES Perdouro de Burela.
| 
 Equipo  | 
 Nome  | 
 Colexio  | 
|
| 
 1  | 
 RoboComp1  | 
 Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña)  | 
|
| 
 2  | 
 RoboComp2  | 
 Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña)  | 
|
| 
 3  | 
 Falacias  | 
 IES Salvador de Madariaga (A Coruña)  | 
|
| 
 4  | 
 Supermontis  | 
 IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña)  | 
|
| 
 5  | 
 Saturnianas  | 
 IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña)  | 
|
| 
 6  | 
 Montipython  | 
 IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña)  | 
|
| 
 7  | 
 Noskponer  | 
 Colexio Tirso de Molina (Ferrol, A Coruña)  | 
|
| 
 8  | 
 Los ingenieros de la fe  | 
 Colexio Cristo Rey (Ferrol, A Coruña)  | 
|
| 
 9  | 
 Bolita  | 
 CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)  | 
|
| 
 10  | 
 Tomate  | 
 CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)  | 
|
| 
 11  | 
 RCP  | 
 CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)  | 
|
| 
 12  | 
 111  | 
 CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)  | 
|
| 
 13  | 
 Hamburguesas Extintas  | 
 CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)  | 
|
| 
 14  | 
 CAM  | 
 CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)  | 
|
| 
 15  | 
 MJ63  | 
 CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)  | 
|
| 
 16  | 
 Jamón Serrano  | 
 CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)  | 
|
| 
 17  | 
 Los evidentes  | 
 CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)  | 
|
| 
 18  | 
 Bonito-Bot  | 
 IES Perdouro (Burela, Lugo)  | 
|
| 
 19  | 
 Torques-Bot  | 
 IES Perdouro (Burela, Lugo)  | 
|
| 
 20  | 
 Dalsy Laranxa  | 
 IES Perdouro (Burela, Lugo)  | 
|
| 
 21  | 
 Marosa-Bot  | 
 IES Perdouro (Burela, Lugo)  | 
|
| 
 22  | 
 Perdouro-Bot  | 
 IES Perdouro (Burela, Lugo)  | 
|
| 
 23  | 
 Burela-Bot  | 
 IES Perdouro (Burela, Lugo)  | 
|
| 
 24  | 
 Cantiño-Bot  | 
 IES Perdouro (Burela, Lugo)  | 
|
| 
 26  | 
 Portelo-Bot  | 
 IES Perdouro (Burela, Lugo)  | 
|
| 
 26  | 
 Reliño-Bot  | 
 IES Perdouro (Burela, Lugo)  | 
|
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
				
			