A Alianza Aresana acolle o relatorio “Vida e vivenda mariñeira en Ares: 1940-1970”

Esta charla será unha oportunidade para afondar en como o eido mariñeiro impactou no municipio, e tamén na vida cotián diaria dos aresáns.

Como evolucionou a localidade aresán ao longo do período 1940-1970 en termos sociais e urbanísticos? Que conclusións poden extraerse deses 30 anos de grandes cambios e desenvolvemento industrial? Para resolver algunhas destas cuestións formúlase o relatorio Vida e vivenda mariñeira en Ares o próximo venres 5 de abril, ás 20:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana, con entrada de balde até completar aforo.

O relatorio estará impartido por Xurxo Antelo Alvite, graduado en Ciencias Políticas e da Administración, cun máster en Historia Contemporánea e membro do Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTRAGA) da Unviersidade de Santiago de Compostela (USC). Antelo tamén é investigador centrado no estudo das elites e clientelismo político na Transición cara a democracia, cunha perspectiva local e ruralista.

A súa charla divulgativa será unha boa oportunidade para afondar en como o eido mariñeiro impactou no municipio, mais tamén na vida cotián diaria dos aresáns.

Lea también

Blues do País actuará este jueves en el Torrente Ballester dentro del ciclo ‘Os Xoves da Capela’

El ciclo cultural ‘Os Xoves da Capela’ traerá este jueves a Ferrol la actuación de …