X Premio en Feminino en Pontedeume

Concello de Pontedeume

Coincidindo coa conmemoración o vindeiro mes de marzo do Día Internacional da Muller a Concellaría de Benestar Social deste concello lanza novamente a súa campaña institucional en materia de sensibilización en igualdade entre mulleres e homes: «Crecendo en Igualdade», cuxo obxectivo xeral responde á seguinte máxima: Promover a participación activa das mulleres de Pontedeume na vida pública e no espazo social, recordando a toda a sociedade que a Igualdade de xénero non só debe ser acadada a nivel LEGAL, tamén ten que ser REAL. Abonda unha simple ollada á realidade máis próxima, para descubrir que a discriminación por razón de xénero segue vixente na práctica cotiá.

Poderán optar ao premio en calquera das súas modalidades todas aquelas persoas maiores de idade, colectivos ou entidades públicas ou privadas que coa súa traxectoria ou labor teñan contribuído e destacado na consecución do obxectivo marcado no primeiro punto.

As persoas individuais ou entidades candidatas poderán ser propostas por calquera persoa individual ou entidade pública ou privada non poidendo postularse a si mesmas.

O Premio outorgarase segundo as modalidades de individual feminino, colectivo feminino ou individual e colectivo masculino.

A selección das persoas ou colectivos premiados estará a cargo dun xurado presidido polo alcade do concello de Pontedeume ou persoa na que delegue e constituido por catro persoas expertas en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes que serán designadas dende a Concellería de Benestar Municipal.

Este xurado farase público no acto de entrega do Premio. Os criterios xerais que as e os membros do xurado terán en conta na selección serán a promoción da participación social en igualdade de condicións, a defensa da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes e a promoción dunha imaxe non discriminatoria das mulleres.

Os premios nas súas tres modalidades daranse a coñecer mediante un acto público o día 8 de marzo de 2012, Día Internacional da Muller ás 20:00 h. no salón de actos da Casa da Cultura. Poderán ser declarados desertos cando as
candidaturas non presenten os méritos suficientes.

En cada unha das modalidades, o premio consistirá nunha escultura de Sargadelos sobre unha peana en cuxa base aparecera o lema “ X premio Pontedeume en feminino, marzo 2012” en un diploma no que se fará expresa mención aos méritos que motivan seu outorgamento. Todo elo será entregado en acto público o 8 de marzo ás 20:00 h. no salón de actos da Casa da Cultura.

Pódese descargar a ficha de inscripción da candidatura na páxina web do concello de Pontedeume.

Lea también

Pontedeume contratará un estudio para regular las viviendas de uso turístico en la villa

El Ayuntamiento de Pontedeume encargará un estudio dirigido a analizar la situación de las viviendas …