O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de Emafesa sen que teñan que ser os veciños os que o paguen a subida do recibo da agua, lixo e rede de sumidoiros que plantexa o goberno local no borrador de orzamento para 2024 que acaba de presentar».
«É cando menos curioso que o actual goberno trate de favorecer aos que infrinxen as normas coa retirada das cámaras e o radar da Malata, e sin embargo faga pagar a todos os veciños de Ferrol máis polo seu recibo de auga».
Dende o grupo socialista creen que «non se estudiaron outras fórmulas que se poderían plantexar antes de tomar esta decisión. Nas empresas concesionarias se fan auditorías de sobrecustes para actualizar pagos derivados da subida dos salarios ou da subida da electricidade. Non sabemos se no caso de Emafesa se estudou esta posibilidade».
«Ademais está a débeda do Concello de Narón con Ferrol pola depuración que o anterior goberno estaba a reclamar. Tamén deberían revisarse as tarifas de auga en alta que se lles aplican aos concellos da comarca aos que se lles suministra auga, xa que non vaia a ser que os veciños de Ferrol acaben pagando máis que os nosos veciños da comarca polo mesmo servizo».
Polo tanto, dende o grupo socialista «esiximos ao sr. alcalde que estude todas as posibilidades antes de gravar sobre os veciños de Ferrol unha subida de tasas que pode non ser tan necesaria como o goberno do PP di, máis tendo en conta que o contrato con Emafesa está xa na última etapa antes do seu vencemento»