Investigadores do Campus Industrial de Ferrol lideran un proxecto sobre prevención de catástrofes

Reforzar a cooperación europea en materia de protección civil e prevención de catástrofes promovendo a posta en marcha dun sistema de gobernanza baseado en probas científicas.

Este é o obxectivo do proxecto europeo Comumunity of Valued Experts in Hydrometeorological and Technological Multi-Hazards (COVALEX) nado baixo o paraugas da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, adscrita á Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol, e liderado pola profesora e investigadora da Universidade da Coruña, Sonia Zaragoza.

Establecer unha comunidade ampla e común de persoas expertas sobre a experiencia, a cobertura xeográfica e as diversas redes sectoriais en materia de fenómenos hidrometeorolóxicos e multi-risco.

Esta é a principal liña de traballo que está a desenvolver o persoal investigador da Universidade da Coruña, institución que coordina o proxecto europeo Comumunity of Valued Experts in Hydrometeorological and Technological Multi-Hazards (COVALEX), xunto con persoas expertas da NALAS – Réseau des Associations Nationales de Pouvoirs Locaux de l´Europe du Sud-Est de Francia, da Disaster Competence Network de Austria, da Secretaría Xeral de Protección Civil de Grecia, así como da Fondazione CIMA e da Associazione della Croce Rossa de Italia.

Ao longo do último ano téñense levado a cabo numerosas actividades de cooperación multidisciplinar entre o persoal investigador, os profesionais e as persoas responsables na toma de decisións para aplicar os coñecementos científicos na xestión do risco de catástrofes.

Antes do remate do proxecto, previsto para decembro de 2024, o consorcio centrará boa parte dos seus esforzos na difusión das súas accións e conclusións entre as persoas responsables da toma de decisións, do rescate e entre os axentes humanitarios no que atinxe ao enfoque das comunicacións de interoperabilidade e da gobernanza do risco baseándose en probas científicas.

O proxecto europeo Comumunity of Valued Experts in Hydrometeorological and Technological Multi-Hazards (COVALEX) está financiado pola Dirección Xeral de Protección Civil e Operacións de Axuda Humanitaria Europeas (DC ECHO), un departamento da Comisión Europea que se encarga da xestión da protección civil na Unión Europea e da axuda humanitaria no estranxeiro.

Conta cun orzamento total de 774.359 euros distribuído entre os cinco socios que integran o consorcio. A Universidade da Coruña dispón de 220.741 euros para liderar e coordinar este proxecto.

Lea también

Los establecimientos de ocio en Ferrol, amplían horario el 24 y 31 de diciembre

El concejal de Fiestas de Ferrol, Arán López, informó en la comisión del área de …