Gran resultado da canteira do atletismo galego no campionato de España de lanzamentos longos

Un total de seis medallas e nove postos de finalistas foi o balance acadado polas categorías base do atletismo galego nos Campionatos de España de lanzamentos longos de menores desenvolto durante este pasado fin de semana no CARD de León.

O mellor resultado para os atletas galegos prodúxose no concurso de martelo feminino Sub18 na que nada menos que os dous primeiros posto de podio corresponderon as atletas galegas do Atletismo Rías Baixas Aixa Corbacho e Erika Martínez quen con 55.48 e 52.61 m. respectivamente lograban dunha maneira clara o campionato e subcampionato de España.

Lara Iglesias do Atletismo barbanza ratificaba a súa condición de líder nacional nun emocionante concurso no que habería que acadar ata o seu último lanzamento para presenciar os 49.85 m. que lle daban o título no concurso. O tamén barbanzán Enzo López era outro dos galegos que lograba podio, nesta ocasión a medalla de bronce Sub18 en xavelina con 59.52 m.

Menos problemas para Hugo Casañas do Rías Baixas, quen conta as súas actuacións por triunfos. No CARD de León volvía proclamarse campión de España desta ocasión no concurso de disco Sub16 con 61.09 m. que representan unha mellor marca do campionato.

Sen abandoar a especialidade, a Sub18 Mar Simón do Celta Femenino lograba posto de finalista en martelo con 48.45 m. e unha importante medalla de bronce no disco de 1 kg.  logo de lanzar ata os 40.40 m.

No resto de actuacións, compre salientar os cuartos postos logrados por Xaido Nimo e Javier Cid en martelo Sub18 e Sub16 e os quintos postos de Irene Conde en disco Sub16 e Noa Díaz en xavelina Sub16. A  maiores tamén salientamos os postos de finalistas de Bran Núñez en disco Sub20, Hugo Fernández en martelo Sub20, Anxo Filgeuira en martelo Sub18, Alejandro Rey en xavelina Sub18 e Antía Otero en xavelina Sub18

Lea también

La SD O Val a un paso del ascenso a la Preferente

El champán está a enfriar en una de las entidades más emblemáticas de Narón, la …