A Deputación e a Federación Galega de Atletismo traballan xa na décima edición do Circuíto, que contará con 35 carreiras, das que 5 se realizarán en concellos que aínda non acolleron probas, como son As Pontes, As Somozas, Curtis, Mañón e Valdoviño.
O deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, participaron este venres no Pazo de Mariñán (Bergondo) no acto de entrega dos premios do IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares.
A Deputación da Coruña e a Federación Galega de Atletismo colaboraron, de novo, na organización das 30 carreiras do circuíto noutros tantos municipios coruñeses ao longo do ano pasado.
Antonio Leira felicitou ás gañadoras e aos gañadores das de cada unha das probas e agradeceu “a gran participación coa que contaron todas as carreiras, así como o extraordinario labor de organización e coordinación das probas que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo, para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de concellos e de deportistas de todas as idades”.
Ao tempo, o deputado provincial indicou que “a vindeira edición do Circuíto de Carreiras Populares, xa a décima, contará con 35 probas, das que cinco terán lugar en municipios que non acolleran aínda o circuíto en anos anteriores, o que indica que cada vez estamos chegando a máis recunchos de toda a provincia”. Eses concellos que se unen ao circuíto este ano son As Pontes, As Somozas, Curtis, Mañón e Valdoviño.
Por último, Leira incidiu en que “desde a área de Deportes da Deputación, agardamos incrementar os 15.000 participantes desta última edición”.
Nesta edición do circuíto proclamáronse vencedores na categoría absoluta masculina Amador Pena, e na feminina Elena Veres Ojea, ambos do SD Compostela Atletismo.
No podio por equipos, o SD Compostela Atletismo proclamouse vencedor tanto da categoría absoluta masculina como da feminina. O Club Atletismo Sar clasificouse segundo na categoría masculina e feminina e o Club Atletismo Tambre foi o terceiro clasificado na categoría masculina, mentres que a Asociación Deportiva Olimpia quedou terceira na feminina.
En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club de Atletismo Noia, a Asociación Deportiva Olimpia e a SD Compostela, mentres que os equipos masculinos gañadores foron os da Asociación Deportiva Olimpia, o Club Atletismo Tambre e a SD Compostela Atletismo.
Na celebración desta gala tamén foron premiados outro medio centenar de atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.
CATEGORIA ABSOLUTA FEMENINA
1.- Elena Veres Ojea SD Compostela Atletismo
2.- María Tarrío Martínez SD Compostela Atletismo
3.- Elvira Tresguerras González CA Sar
CATEGORIA ABSOLUTA MASCULINA
1.- Amador Pena Torreira SD Compostela Atletismo
2.- Marcos García Soñora CA Noia
3.- Manuel Castiñeiras Portos SD Compostela Atletismo
CLUBS ABSOLUTO FEMENINO
1.- SD Compostela Atletismo 4488 puntos
2.- Club Atletismo Sar 2876 puntos
3.- Asociación Deportiva Olimpia 1983 puntos
CLUBS ABSOLUTO MASCULINO
1.- SD Compostela Atletismo 3244 puntos
2.- Club Atletismo Sar 2980 puntos
3.- Club Atletismo Tambre 1563 puntos
CLUBS MENORES FEMENINO
1.- Club Atletismo Noia 8113 puntos
2.-Asociación Deportiva Olimpia 3996 puntos
3.-SD Compostela Atletismo 2482 puntos
CLUBS MENORES MASCULINO
1.- Asociación Deportiva Olimpia 4919 puntos
2.- Club Atletismo Tambre 3181 puntos
3.- SD Compostela Atletismo 2059 puntos
Relación das 35 carreiras que integran o X Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña:
CARREIRA
|
CONCELLO |
DATA |
XIII Sin-Son 10K
|
Porto do Son |
22/12/2024 |
10K Carballo 2024. XII Carreira Popular Concello de Carballo |
Carballo |
02/06/2024 |
43 Edición Carreira Internacional de Negreira » A CLÁSICA» |
Negreira |
03/11/2024 |
XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames |
Ames |
20/10/2024 |
XXXIII Carreira Popular Concello de Cambre
|
Cambre |
15/08/2024 |
X Carreira Popular Concello de Rianxo
|
Rianxo |
01/11/2024 |
XII Carreira Pedestre Concello de Vimianzo
|
Vimianzo |
21/04/2024 |
XIX Carreira Popular Mar de Boiro17º Memorial Pepe Buceta |
Boiro |
01/12/2024 |
XI Carreira Nocturna Corre Por Ferrol
|
Ferrol |
14/09/2024 |
XII Carreira Pedestre Concello de Camariñas
|
Camariñas |
10/03/2024 |
IX Carreira Pedestre Popular Concello de Frades |
Frades |
01/05/2024 |
XV Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal |
Pobra do Caramiñal |
25/08/2024 |
VIII Carreira Pedestre Concello de Dumbría
|
Dumbria |
25/05/2024 |
9ª Carreira Pedestre Nocturna Concello de Cee 2024 |
Cee |
06/07/2024 |
41 Carreira Pedestre Popular da Amaia
|
Brion |
05/10/2024 |
XXV Carreira Popular Sta Uxía
|
Ribeira |
28/09/2024 |
XXX I Carreira das Areas
|
Carnota |
23/06/2024 |
XVI Carreira Pedestrte Popular de Noia
|
Noia |
31/08/2024 |
VII Carreira Pedestre Concello de Mazaricos
|
Mazaricos |
05/05/2024 |
XIX Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino |
O Pino |
22/09/2024 |
IX Carreira Popular Dolmen De Dombate |
Cabana de Bergantiños |
21/09/2024 |
IX Carreira Concello de Muxía
|
Muxia |
14/07/2024 |
IX Carreira Pedestre Concello de Zas
|
Zas |
01/06/2024 |
IX Carreira Pedestre do Concello de Fisterra
|
Fisterra |
13/10/2024 |
XXI Carreira Vila de Corcubión
|
Corcubion |
07/09/2024 |
XXXII Milla Urbana » Concello de Ares»
|
Ares |
03/08/2024 |
IV Carreira Pedestre Clásica Gandeira
|
Santa Comba |
24/03/2024 |
XIX Carreira Pedestre de Lestrobe
|
Dodro |
12/10/2024 |
9ª Carreira Popular de San Sadurniño
|
San Sadurniño |
09/06/2024 |
VII Carreira Popular do Apóstolo Vilaño
|
A Laracha |
13/07/2024 |
31 Carreira Pedestre San Xosé 2024
|
As Pontes |
17/03/2024 |
VII Volta Ás Forcadas
|
Valdoviño |
16/06/2024 |
II Trail Concello de Mañon
|
Mañon |
26/10/2024 |
II Milla Urbana Concello de Curtis
|
Curtis |
02/08/2024 |
I Carrera Popular do Concello de As Somozas
|
As Somozas |
08/09/2024 |