Axenda en Cabanas da fin de semana

Cara a fin de semana están previstas varias actividades, o sábado 16 ás 11.00h está previsto o concerto do alumnado de música, no Salón de Actos da Escola Laica. Trátase dun dos concertos trimestrais que realiza o alumnado das clases de música. O anterior foi en nadal e o vindeiro será ao finalizar o curso. A entrada é de valde.

O domingo 17 haberá unha andaina a Ferrol organizada por ADC Poceira Sport. Con saída ás 10.00h da pista polideportiva da Cabana na Estrada da Graña (a 1,5 km. de FIMO). Haberá dúas opción de percorridos: o roteiro principal duns 12 kms e outro curto de 4,5 kms. aproximadamente. O traslado para asistencia a ruta será por medios propios. Despois da andaina haberá xantar.

O prezo do xantar e do seguro, para as persoas socias, será de 16 € e, para as persoas non socias, de 20 €. A data límite para apuntarse será o mércores 13 de marzo, e as persoas interesadas poderán anotarse nos seguintes números de teléfono: Luis: 686 96 26 50 Roberto: 626 34 38 85 Manolo: 609 09 70 37

 

Lea también

Detenidos dos empleados de una empresa de San Sadurniño por robar 30 piezas de bronce de 700 kilos

Dos empleados de una empresa de San Sadurniño (A Coruña) han sido detenidos por la …