Iván Rivas, portavoz municipal do BNG de Ferrol, anunciou que ven de presentar unha iniciativa no Congreso dos Deputados interesándose «pola situación na que se atopan as obras de humanización da avenida das Pías co fin de minimizar as molestias que causan a veciñanza e pedindo a creación dunha comisión con participación veciñal para estar ao día dos avances destes traballos.»
Iván Rivas, portavoz do BNG, lembrou que «o pleno municipal a instancias do BNG aprobou o pasado mes de novembro a solicitude de constitución dunha comisión de seguimento destas obras onde estiveran presentes os veciños e onde se informe sobre a planificación e execución dos traballos aportando solucións aos problemas de mobilidade asociados ao seu desenvolvemento. Así como a necesidade de habilitar vías alternativas de comunicación, tanto peonís como para o tráfico rodade, entre o barrio de Ultramar e o de Esteiro.»
Iván Rivas considera que «a veciñanza é a grande esquecida destas obras e por este motivo demandaron información ao ministerio de Transportes sobre os prazos das obras, se o proxecto foi modificado, se o goberno local trasladou a solicitude para a creación dunha comisión de coordinación con presenza veciñal ou se ten previsto a construción dun by-pass que mitigue o corte da rúa Nova de Caranza, entre outras cuestións.»
O BNG co esta iniciativa busca «paliar os déficits de información sobre o desenvolvemento destas obras que existen na cidade xa que os veciños non son informados nin polos responsables do Ministerio de Transportes nin polo goberno municipal sobre as mesmas.»