‘Quero eloxiar o voso traballo, esforzo e destreza nas vosas actuacións, poñendo en numerosas ocasións en perigo a vosa propia integridade física pola complexidade do servizo’, manifestou José Manuel Rey Varela.
Rey Varela presidiu o acto ao que asistiron representantes da corporación municipal, membros da Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local de Ferrol ademais do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
Na súa intervención, o alcalde gabou o traballo dos integrantes deste servizo municipal contraincendios. “Quero eloxiar e enxalzar o voso traballo, esforzo e destreza nas vosas actuacións, poñendo en numerosas ocasións en perigo a vosa propia integridade física pola complexidade do servizo”, manifestou. Rey Varela afirmou que “alí onde estades vós, está o Concello e, sen dúbida, en vós, a institución municipal está moi dignamente representada”.
O alcalde defendeu tamén a colaboración entre concellos e institucións para velar de maneira conxunta pola seguridade dos cidadáns para finalizar felicitando aos bombeiros. “A miña sinceira gratitude e afecto aos que cumpren co seu deber dunha forma calada e eficaz; aos que antepoñen o seu traballo e a súa vocación de servidor público”, concluíu.