O futuro estacionamento contará con aproximadamente 60 prazas e ocupará unha parcela de 2.734 metros cadrados. O Plan de Barrios permitiu actuar sobre máis de 3.400 metros cadrados de zonas verdes, ademais de realizar traballos de mantemento e mellora no parque e na praza Mariscal Pardo de Cela.
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado do concelleiro de Servizos, José Tomé, reuníuse co representante da AVV da Graña, Francisco González, no marco do programa Plan de Barrios.
Durante a reunión, o alcalde destacou a importancia de manter unha comunicación directa coas entidades veciñais para coñecer de primeira man as necesidades de cada barrio e avanzar na procura de solucións. “Seguimos escoitando as demandas veciñais a través do Plan de Barrios e tomando nota das novas peticións que nos trasladan os veciños”, afirmou Rey Varela.
Un dos asuntos abordados no encontro foi o avance do proxecto para a construción dun aparcamento disuasorio na Graña, que contará con aproximadamente 60 prazas. O obxectivo desta actuación é mellorar as posibilidades de estacionamento na zona, especialmente nun punto que rexistra con frecuencia problemas de tráfico.
O alcalde informou á directiva veciñal de que a cesión dos terreos está practicamente redactada e avanzou que o proxectoç estará dispoñible nun prazo aproximado dun mes. “Cumprimos o compromiso de dotar A Graña deste aparcamento disuasorio”, sinalou Rey Varela.
A parcela, cunha superficie total de 2.734 metros cadrados, está situada nas proximidades da praia da Graña, na intersección das rúas Eduardo Blanco Amor e Real Baixa.
O deseño do novo estacionamento seguirá criterios de integración na contorna, tanto desde o punto de vista urbano como ambiental, mediante actuacións brandas que permitan compatibilizar a funcionalidade do aparcamento co respecto ao espazo natural e á configuración do barrio.
PLAN DE BARRIOS
En canto ás principais actuacións levadas a cabo a través do Plan de Barrios, destaca a sega de zonas verdes municipais, no parque da Graña e da praza Mariscal Pardo de Cela, sumando máis de 3.400 metros cadrados. Así como outros traballos como a limpeza dos muros do parque, a eliminación de cinco tocóns e o tratamento contra o picudo vermello. Ademais, procedeuse ao saneamento dos oito bancos da praza Mariscal.
Dende o servizo de conservación e mantemento de áreas infantís de xogo fixéronse melloras como a retirada de balizado,ç a montaxe de táboas antiaatrapamento e a limpeza dos elementos.
En canto ao servizo de mantemento eléctrico, A Graña conta con 135 puntos de luz dependentes de catro cadros de manobra, 85 puntos de luz en dúas dependencias municipais e 18 elementos nun cruce regulado. A través deste servizo leváronse a cabo oito actuacións para arranxar avarías ou solucionar incidencias que afectan o bo funcionamento das instalacións e de mantemento preventivo ten como finalidade a conservación das instalacións co fin de optimizar o seu funcionamento e prolongar a súa vida útil.
Ademais, dende o servizo de limpieza procedeuse ao desbroce e chapeo de varias zonas, así como a limpeza de contenedores, papeleiras e sumidoiros.
O Plan de Barrios seguirá o luns 5 no barrio de Recimil.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.




