A praza de España de Ferrol gaña novos espazos de descanso reubicando os bancos de pedra

Reubicación dos Bancos da Praza de España | Fot. Concello de Ferrol

A empresa encargada do mantemento de parques e xardíns de Ferrol levou a cabo este mércores a reubicación de varios bancos de pedra na praza de España.

A actuación ten como obxectivo crear novas zonas destinadas ao descanso e favorecer un uso máis cómodo e agradable deste espazo público por parte da cidadanía.

Reubicación dos Bancos da Praza de España | Fot. Concello de Ferrol

Os traballos permiten redistribuír os elementos de mobiliario urbano e habilitar diferentes puntos de estancia dentro da praza.

Esta actuación súmase ás recentes intervencións realizadas neste espazo público, como o repaso xeral a toda a superficie da praza e a prantación de novas flores, ademais da mellora do estado dos bancos de madeira.

Reubicación dos Bancos da Praza de España | Fot. Concello de Ferrol

Lea también

Rescatada una persona en Ferrol tras caer con su coche en un regato

Una persona tuvo que ser rescatada en la tarde de este pasado jueves en Ferrol …