Aprobado en Cedeira o prego de contratación das obras de reforma da EDAR de San Román

A Xunta de Goberno do Concello de Cedeira aprobou o prego de contratación das obras de “Reforma e adecuación do sistema de saneamento en San Román de Montoxo”, unha actuación que a administración local acomete con financiación do POS+2023 da Deputación da Coruña e que sairá a licitación por un prezo de 59.997,96€ (IVE incluído).

Trátase dun proxecto necesario para mellorar o funcionamento e corrixir as eivas da EDAR que se executou na parroquia no ano 2011 e que se puxo en marcha de maneira precaria.

As obras que se van realizar son exclusivamente as necesarias e imprescindibles para que a instalación funcione correctamente, cumprindo coa lexislación e a súa autorización de verquidos e evitando o impacto ecolóxico das augas residuais sobre o medio receptor.

O proxecto detalla os problemas que é preciso solucionar na EDAR, así como as operación que se van realizar e equipos a cambiar. Entre outras cousas, substituiranse pezas oxidadas por outras de aceiro inoxidable, limparanse os pozos, cambiaranse bombas, adecuaranse as máquinas para garantir que se poden realizar as tarefas de mantemento sen parar a instalación, dotarase ao equipamento dun sistema de control e alarmas, instalarase un novo cadro eléctrico.

Lea también

Gran éxito de convocatoria en la primera etapa de la ‘Ruta Costeira’ por Valdoviño

En menos de 24 horas, se completaron las 25 plazas que el Ayuntamiento de Valdoviño …