Para comezar, o Campionato de España de 5.000 m. e 10.000 m. deixaba para o noso atletismo un resultado de dúas medallas e de tres postos de finalistas.
Na categoría Sub18 e sen apenas tempo de celebrar o seus títulos nacionais indoor de fai unha semana sobre os 3.000 m., tanto Sabela Martínez da Gimnástica de Pontevedra como Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural volvían estar nun podio estatal. Desta vez Sabela lograba o subcampionato na proba dos 5.000 m. cun rexistro de 17:38.67, sendo o bronce para o atleta lucense con 14:58.26.
Salientar os cuartos postos de Asheber Díaz do R.C.Celta e Emma Méndez da Atlética Lucense nos 5.000 Sub18 así como de Antía Castro nos 10.000 m. Sub23.
Pola súa banda a pista indoor de Sabadell, acollía a celebración do Campionato de España Sub16 á cal acudían un total de 37 atletas galegos.
O balance desta edición deixaba un total de sete medallas para os intereses galegos, dous mellores marcas galegas indoor da categoría así como dez postos de finalistas.
Os títulos corresponderon a Sabela Castelo da Gimnástica quen sobre a proba dos 3.000 m. amosaba a súa superioridade rematando claramente no primeiro posto cun rexistro 9:56.97. De igual modo Hugo Casañas do Rías Baixas continúa mostrándose intratable sobre o círculo de peso. Desta ocasión o plusmarquista de España lanzaba ata os 20.80 m. quitando máis de catro metros ao segundo clasificado e establecendo a mellor marca do campionato.
Sen abandoar o círculo de peso, na categoría feminina as alegrías viñeron por partida dobre. Aitana Capeáns do Rías Baixas proclamábase campioa de España cun mellor lanzamento de 12.62 m. sendo a medalla de prata para a tamén representante galega Sara Caamaño do At. Barbanza con 12.35 m.
Os 1.000 m. tamén deixaban máis dunha celebración xa que tanto Paula Fernández do S.D. Compostela como Xoel Franco do Beade, colleitaban sendas medallas de bronce. A santiaguesa remataba a súa proba cun crono oficial de 3:01.67 polos 2:41.31 do representante vigués.
A última das medallas viaxaba ata o Barco. Aaron Pérez do ADAS CUPA. lograba e madella de prata sobre os 60 m. cun rexistro de 7.07 que lle daban ademáis a mellor marca galega indoor da distancia.
Para rematar compre salientar tamén a mellor marca galega de Guillermo Piñeiro da Gimnástica nas semifinais dos 60 valos cun crono de 8.60.