O Campus Industrial de Ferrol acolle o coloquio “Palestina, presente e futuro”

A Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle este martes 5 de marzo, ás 17:00 horas, o coloquio “Palestina, presente e futuro” no que participa o embaixador xefe da misión diplomática de Palestina en España, Husni Abdel Wahed, como entrevistado, e o profesor de Historia Antiga da Universidade da Coruña, Juan Luis Montero Fenollós, como entrevistador

O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, abrirá e pechará o acto de presentación do coloquio no que participará tamén a decana da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuela del Pilar Santos.

Está previsto que asista como público a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares.

O Campus Industrial da Universidade da Coruña promove, en colaboración coa Facultade de Humanidades e Documentación, un coloquio dirixido ao alumnado do grao en Relacións Internacionais e aberto a toda a comunidade universitaria así como ao público xeral interesado. A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo.

Lea también

El desprendimiento de un balcón provoca en Ferrol el corte de tráfico de un tramo de la calle Iglesia

  En la mañana de este jueves 13 de agosto, el desprendimiento de parte de …