A biblioteca de Narón abre o prazo de inscrición na actividade “Contamos en igualdade”

O Concello de Narón continuará ao longo da semana conmemorando os actos do 8M, Día Internacional da Muller. Unha das propostas a levar a cabo terá lugar este sábado 9, na Biblioteca municipal, onde haberá unha sesión de contos para os nenos e as súas familias.

“Contamos en Igualdade” é o título desta convocatoria, para a que se abrirá este martes 5 o prazo de inscrición, ás 16:00 horas, de xeito presencial na propia Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173, tal e como avanzou a concelleira responsable da área, Olga Ameneiro.

A través desta actividade apóstase por rachar cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función do seu xénero, idade, etnia ou condición social, cultural ou funcional.

As persoas participantes reflexionarán a partir dos contos sobre a nosa relación con outras persoas para poder construír entre todos un mundo máis igualitario. Para poder participar os menores deben ter os 3 anos cumpridos e o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendientes.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …