Nova edición en Valdoviño dos campamentos «Concilia Deportes»

Os campamentos «Concilia Deportes» regresan en Semana Santa ao pavillón municipal O Longoiro, en Meirás, e o Concello de Valdoviño anunciaba este luns 4 a apertura do prazo de inscricións

Celebraranse do luns 25 ao mércores 27 de marzo, en horario de 8:00 a 14:00 horas, e están dirixidos a nenos de 4 a 12 anos.

O obxectivo do programa, que a concellería de Deportes leva a cabo tamén no Nadal, coincidindo co periodo de vacacións escolares, é ofrecer ás familias con fillos menores unha alternativa de lecer para axudarlles a conciliar as súas obrigas laborais e familiares.

A programación variará segundo a xornada, aínda que arrancará sempre co espazo madruga e diversas actividades de lecer nesas primeiras horas de entrada. De seguido, celebraranse obradoiros con xogos tradicionais, experimentos e construción de xoguetes.

A programación inclúe tamén actividades de iniciación ao baloncesto, a fútbol sala e a atletismo, e finalmente, na última hora, haberá sesión de baile, o luns, de datchball, xogos con stick o martes,  e xogos con raqueta, o mércores.

A ficha de inscrición pode descargarse da web municipal ou retirarse no rexistro xeral da casa do concello, onde debe formalizarse a inscrición, ou a través da sede electrónica. O prazo remata o 20 de marzo, e o custe da actividade é de 22,12 euros.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …