Entrega dos premios do IX Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña

O vindeiro día 15 de marzo ás 19:30 horas no Pazo de Mariñán de Bergondo, faranse entrega dos premios do IX Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña do ano 2023.

Como todos os anos, a Deputación da Coruña e Federación Galega organizan a entrega de trofeos que premian a os participantes de ambas categorías que ao longo do circuito 2023 se fixeran merecedores dos mesmos.

FGA

O Circuito Deputación 2023 chegaba a súa novena edición formado por un total de 35 carreiras que se foron desenvolvendo ao longo e ancho de toda a provincia da Coruña. Pola mesma pasarían máis de 15.000 atletas de distintas categorías, clubs, motivacións e condición que dotaban a este evento dunha importante capacacidade dinamizadora e vertebradora a nivel social, así como de ferramenta útil para promover os hábitos de vida saudables a nivel deporte-saude

Edición do ano 2024

Pola súa banda, xa está publicada a normativa de probas que integran para este 2024 o X Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña  que de igual modo estará formado por total de 35. A primeira delas arrincará no Concello de Camariñas o vindeiro día 10 de marzo rematando o 22 de decembro ca disputa da clásica Sin-Son do Porto do Son

Lea también

El piloto Adrián Insua, superviviente de un cáncer hematológico, se compromete con la causa de Asotrame

El coche del deportista del Scratch Fene portará el logo de Asotrame, junto al mensaje: “Dona médula …