Trofeo Ibérico de atletismo Probas Combinadas Sub18-Sub20

A Real Federación Española de Atletismo en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, Club Ourense Atletismo e Fundación Expourense, organizan Trofeo Ibérico de Probas Combinadas Sub18-Sub20, que se celebra os días 16 e 17 de marzo de 2024 na Pista de Atletismo indoor de Ourense-Expourense.

Dada a internacionalidade de proba, e para permitir a participación de atletas estranxeiros organízase o I Miting Internacional Transfronteirizo-2 Países-1 destino para fomentar a participación transfronteiriza dos deportistas.

Foto FGA

Esta proba, reúne aos atletas máis completos das categorías sub’18 e sub’20, de Portugal e España, que disputarán este encontro na pista que acolleu hai poucos días o Campionato de España absoluto. As probas do heptathlon, na categoría masculina e pentathlon na categoría feminina desputaranse en xornada de tarde o sábado, 16. O resto de probas do heptathlon celebraranse o día 17, en xornada de mañá. A maiores as probas do Meeting completarán a ampla oferta atletica que  vivirá Expourense.

Con esta competición a pista indoor de Expourense acolle o seu primeiro encontro internacional de atletismo logo da súa exitosa organización dos campionatos de España levados a cabo ata o momento entre os que detacan os absolutos dos anos 2020, 2022 e 2024. Por tal motivo a propia Federación Galega de Atletismo, Expourense e o Club Atletismo Ourense decidiron impulsar esta iniciativa que novamente volvería a contar co firme apoio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia así como a da Deputación e Concello de Ourense.

Para elo un gran equipo de traballo formado por xuices, voluntarios, auxiliares e persoal tanto federativo como de Expourense está xa planificando esta proba na que se calcula tomarán parte preto de 350 atletas de maneira directa e máis de  700 de maneira indirecta

Lea también

Valdoviño aproba as bases da autorización de uso das praias por parte das escolas de surf

Haberá un límite de 15 permisos para desenvolver a actividade en todos os areais do …