Peche do paseo da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño

As intensas choivas rexistradas durante as últimas xornadas motivaron un aumento considerable do nivel de auga da lagoa da Frouxeira, inundando diferentes tramos ao longo do paseo de terra que bordea o humidal.

Esta situación levaba ao Concello de Valdoviño a restrinxir esta mañá o acceso peonil, sinalizando a prohibición de paso na entrada e saída. Ademais, o Concello informaba inmediatamente á Xunta da situación, coa previsión de que adopte as medidas necesarias.

 

Lea también

Cabanas licita dos obras de mejora por 113.911,44€

Esta semana se licitaron por parte del Ayuntamiento dos nuevas obras para continuar mejorando las …