O Campus Industrial de Ferrol acolle a X edición da FIRST LEGO League Galicia

O Campus Industrial de Ferrol acolle este sábado 2 de marzo, entre as 09:00 e as 18:00 horas, a décima edición da FIRST LEGO League Galicia, un campionato no que participan un total de 43 equipos (25 na categoría FLL Challenge, 16 na FLL Explore e 2 na FLL Discover) e máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia.

O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia 

As presentacións dos Proxecto de Innovación terán lugar na Facultade de Humanidades e Documentación e na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, o Xogo do Robot no Pavillón de Esteiro, e a entrega de premios, prevista para as 16:00 horas, no Auditorio Municipal.

Ao longo da xornada, achegaranse ata o Campus Industrial de Ferrol e ata o Auditorio Municial o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao; a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística do Concello de Ferrol, Patricia Cons; o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez; a secretaria territorial da Xunta de Galicia, Patricia Busto; o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (Icoiig), Julio García Cordoné; o presidente de Ingenier@Soy, Javier Butragueño; a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, Margarita Ardao; o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz; o representante de Gabadi, José Luis Manso; a responsable de Marketing de PuntoGal, Cristina Ríos, ou a alcadesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro, entre outras autoridades. 

Como cada ano, colaboran nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego – dependente da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade –, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadis, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.

Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge

Equipo

Nome

Colexio

1

Elementals

CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

2

Peña Bots 1

Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)

3

Peña Bots 2

Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)

4

PATHFINDERS

Colexio Internacional Eirís (A Coruña)

5

Fun BOT

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

6

Legotrónicas

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

7

MonBOT

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

8

Recycled Team

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

9

Las Acacias BOT

Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

10

STEAM Girls Las Acacias

Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

11

MontecasteloBOT

Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

12

Electrics Makers Lab

e-makers Lab (Narón, A Coruña)

13

Montespiño Bot

Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)

14

The Beats

Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)

15

CTRL+ T

IES As Telleiras (Narón, A Coruña)

16

Catabótica

IES Catabois (Ferrol, A Coruña)

17

Os robots do pazo

IES de Fene (Fene, A Coruña)

18

ROBTIGUEIRA

IES de Ortigueira (Ortigueira, A Coruña)

19

MEGA BUILDER TEAM

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

20

MEGA LEGO POBRA

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

21

MEGA RIBEIRA SUPER LEGO

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

22

ROBOT CITY POBRA

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

23

CIRCUSZ4POS

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

24

G4Z4F4NT4SM4S

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

25

PINTUZ4POS

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

 

Listaxe FIRST LEGO League Explore

Equipo

Nome

Colexio

1

Amigos de Rubik

CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)

2

Dance

CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)

3

Lego Malk

CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)

4

Os catrelizantes

CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)

5

Reino de Lego

CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)

6

Rock and Roll

CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)

7

Maker Lego Lar

Colexio Lar (Mos, Pontevedra)

8

STAR LEGO LAR

Colexio Lar (Mos, Pontevedra)

9

LA FÁBRICA MAKER

e-makers Lab (Narón, A Coruña)

10

Monbóticas

Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)

11

MEGA BUILDER TEAM JR

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

12

ROBOT CITY POBRA JR

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

13

EL ARTE DEL LEGO

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

14

POKEBOTS

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

15

Legoleiros

  • (Oleiros, A Coruña)

16

Rolling Legos

Sociedade Cooperativa Galega Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

 

Listaxe FIRST LEGO League Discover

Equipo

Nome

Colexio

1

Champi Makers LAB

e-makers Lab (Narón, A Coruña)

2

Lego Monsters

Sociedade Cooperativa Galega Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

Lea también

Acción formativa y de limpieza en el Campo de As Cabazas, Covas-Ferrol

Equiocio Ferrol, Asociación Chelonia y Coca-Cola, a través de su iniciativa Mares Circulares, vuelven a …