O Concello de Pontedeume informa do remate das obras na rúa Firrete

Obras de humanización e renovación da rúa Firrete, traballos, cun orzamento de 135.000 euros, que forman parte do plan de obras da Deputación da Coruña e serviron para cambiar por completo o aspecto da rúa.

“Unha actuación da que se benefician tanto os peóns como os vehículos que transitan pola rúa, máis segura e máis accesible unha vez rematadas as obras”, explica o concelleiro de Urbanismo, Daniel Ríos.

Melloraron tamén todos os accesos ás vivendas da rúa, dando resposta ademais ás demandas da veciñanza, e a zona conta con novo mobiliario urbano.

“Continuamos con esta obra co proceso iniciado no ano 2015 para mellorar e humanizar a nosa vila, tanto no casco urbano como nas parroquias”, engade o alcalde, Bernardo Fernández.

Lea también

Rueda subraya la inversión en infraestructuras del agua en Ares para impulsar el turismo de calidad

El presidente de la Xunta destaca la necesidad de servicios «a la altura» del entorno …