A Confraría de Pescadores de Ferrol organiza unha Xornada de Exaltación da Ameixa Babosa

A Confraría en colaboración co Grupo de Acción Local Pesqueiro GALP Golfo Ártabro Norte, organizará este sábado 2 de marzo na sala Curuxeiras (Porto de Ferrol) unha Xornada de Exaltación da Ameixa Babosa, que terá dúas partes diferenciadas.

De 11:00 a 12:30 horas: Degustación de receitas elaboradas con Ameixa Babosa da Ría de Ferrol. A entrada é libre ata completar o aforo, de 200 personas.

Os asistentes poderán disfrutar de 5 elaboracións diferentes: ameixa ao natural, ameixa á mariñeira, ameixa en salsa verde, ameixas con meloso de quinoa, e ameixas con trigueros e ameixas con trigueiros e crocante de xamón.

De 12:30 a 13:30 horas: Showcooking adicado á Ameixa Babosa da Ría de Ferrol, a cargo do chef Dani López (Grupo Nove). Este último evento será con invitación.

Ó mesmo tempo, na mañá do sábado poderá visitarse unha exposición de tapices  feitos con redes recuperadas do mar, a cargo de Mar Fraga, fundadora de Enmalle Studio.

Esta artista, ubicada actualmente en Oleiros, recupera redes e cabos do mar (algunhas coa axuda inestimable dos pescadores da zona e outras directamente recollidas das rocas e areais da costa galega) para darlles unha segunda vida en forma de obra de arte.

Unha vez no estudio, as lava, seca e clasifica por materiais e cores, ata convertilas nun tapiz inspirado nunha praia galega. Das paredes da Sala Curuxeiras colgarán o sábado 5 tapices, o máis grande deles cunha medida de 240 x 216 cms.

Lea también

La CIG propone la creación de un convenio propio en los dos astilleros de Navantia en la ría de Ferrol

La sección sindical de CIG en Navantia ha propuesto al resto de sindicatos y trabajadores …