A Deputación organiza o II Congreso de contratación pública

A Deputación da Coruña organiza os días 1 e 2 de abril de 2024 o “II Congreso de contratación pública; por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible”, no teatro Colón da Coruña.

As xornadas estarán dirixidas polo deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento,  Xosé Lois Penas, e coordinadas polo xefe do  servizo de Patrimonio e Contratación, Luis Jaime Rodríguez Fernández.

O obxecto deste congreso é reflexionar, debater e atopar puntos de encontro para buscar aquelas medidas e instrumentos que permitan conseguir unha maior axilidade e simplificación na xestión administrativa da contratación, poñendo especial énfase na contratación estratéxica e singularmente na xestión pública con perspectiva de xénero.

“Queremos poñer sobre a mesa a necesaria axilización en canto á contratación pública, para ser máis eficaces e eliminar as trabas burocráticas que en moitos casos dificultan estes procesos” apuntou o deputado Xosé L. Penas. “Trátase de ter unha maior empatía coa cidadanía e co sector privado”, engadiu, “traballando conxuntamente e escoitando as demandas tanto do sector empresarial como do social”.

Diversos especialistas na materia tratarán temas de interese relativos á contratación pública para conseguir un mellor servizo á cidadanía, para os contratistas, e para a propia administración.

A inscrición xa se pode realizar a partir de hoxe na páxina web da Deputación.

https://www.dacoruna.gal/contratacion/ii-congreso-contratacion-publica

Lea también

El popular Esteban Ares, nuevo alcalde de Lousame (A Coruña) tras la renuncia de la regidora por motivos personales

Esteban Ares, del PPdeG, es desde este jueves el nuevo alcalde de Lousame (A Coruña) …