O Campus Industrial de Ferrol potencia as habilidades do estudantado das enxeñarías

Contribuír ao desenvolvemento das habilidades creativas do estudantado das titulacións universitarias de enxeñaría e potenciar entre estes mozos e outras destrezas chave como poden ser a resolución de problemas ou o pensamento crítico. Este é o principal obxectivo do Proxecto Europeo Erasmus+ Creative Engineering (CEDE

Proxecto no que participa persoal docente vinculado a campus non centrais da Slovak University of Agriculture de Nitra (Eslovaquia), da Kocatürk Danismanlik de Adana (Turquía), da Università degli Studi del Molise de Campobasso (Italia), da University of Diethnes Panepistimio Ellados de Thermi (Grecia) e da Universidade da Coruña (España).

A profesora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, é a encargada de coordinar este proxecto europeo de innovación docente na Universidade da Coruña. Xunto a ela, colaboran nesta iniciativa outros 10 profesores vinculados á Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).

A súa primeira tarefa foi a de elaborar un informe comparativo no que se examinou o tratamento da creatividade tanto nas facultades como nas escolas de enxeñaría das universidades implicadas no proxecto así como noutras universidades dos países participantes.

Ese documento de traballo salienta os centros nos que xa inclúen competencias creativas e aqueles nos que sería “relativamente sinxelo” incorporar un módulo creativo común en etapas iniciais.

Botando man da experiencia adquirida ao longo de todos estes anos e baseándose nos exemplos de boas prácticas levados a cabo no Campus Industrial de Ferrol, o equipo de traballo, liderado pola profesora da Universidade da Coruña, Ana Ares, deseñou o contidos, a metodoloxía e método de avaliación do apartado de “Desing Thinking” dun posible módulo formativo común a todos os plans de estudos das titulacións de enxeñaría en Europa.

O modelo desenvolvido na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), onde o alumnado desenvolve proxectos con empresas vinculados a materias desde os primeiro cursos, foi tido en consideración para a elaboración desta parte do módulo.

Tamén se referenciou a metodoloxía de traballo implementada na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), na que o estudantado está “totalmente” involucrado en proxectos interdisciplinares como poden ser o desenvolvemento de compoñentes de vehículos autónomos ou eléctricos.

Na actualidade, o persoal docente do Campus Industrial de Ferrol implicado no proxecto europeo Erasmus+ Creative Engineering (CEDE) está a traballar no deseño dunha plataforma de aprendizaxe electrónica dirixida ao alumnado das titulacións de enxeñaría de toda Europa co obxectivo de mellorar as súas habilidades creativas.

A seguinte reunión de traballo terá lugar en Grecia, no mes de xullo. Con anterioridade, xa se realizaron outras xornadas en Eslovaquia, Italia e Turquía. A cidade de Ferrol acollerá a última destas reunións, en marzo de 2025.

O proxecto europeo Erasmus+ Creative Engineering (CEDE) está financiado pola Unión Europea e conta cun orzamento total de 250.000 euros. A Universidade da Coruña dispón de 48.544 euros para elaborar un informe preliminar, deseñar un módulo formativo para incorporar nos plans de estudo das distintas titulacións de enxeñaría en toda Europa e para crear unha plataforma de aprendizaxe electrónico que permita a mellora das capacidades creativas deste estudantado.

Lea también

Desarticulada una organización criminal dedicada a la extracción ilegal de marisco en la ría de Ferrol  

La Policía Nacional ha dado por desarticulada una organización criminal dedicada a la extracción ilegal …