Ferrol en Común presenta unha moción ó pleno para activación da área da mocidade

 

Con respecto á primeira moción, o Grupo Municipal de Ferrol en Común, ao amparo do disposto nos artigos 104 do Regulamento orgánico do Concello de Ferrol e nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento do organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, presenta no Pleno da Corporación Municipal a moción dirixida ao pleno para a activación da area de mocidade.

Exposición de motivos

Dende o Grupo Municipal de Ferrol en Común «consideramos urxente a posta en marcha da area de mocidade coa elaboración dunha programación continuada no tempo, a recuperación da Casa da Xuventude e a dotación de persoal para un negociado que se atopa en cadro»

«Precisamos un goberno que aposte decididamente pola vida da xente moza en Ferrol. Son precisas medidas inmediatas e específicas para ofrecerlle á xuventude ferrolá un espazo e unhas políticas públicas locais que atendan as súas preocupacións e necesidades»

«Os mozos, son un colectivo que están a sufrir un incremento da súa vulnerabilidade en moi diversos ámbitos nos que o concello pode intervir, como son o emprego, a vivenda, a educación, a cultura e, nun contexto como actual, a súa saúde, tanto física, como emocional e social»

«Agora son necesarias políticas integrais e transversais que dean resposta ás situacións de desemprego e precarización laboral, ás dificultades de acceso á vivenda; tamén aos atrancos para continuar financiando e apoiando os procesos de formación nos que están inmersos ou aqueles que queren abordar no futuro»

«Non esquecemos a necesidade dun acceso fluído á creación cultural, é dicir, a que a cultura feita polos mozos da cidade forme parte do campo cultural a través de procesos de integración da produción e investigación que no eido creativo desenvolven as xeracións novas. Por último, tampouco esquecemos a poboación moza migrante, aos retornados e aos inmigrantes que chegan ao noso concello nunha coxuntura ben complexa, acentuada en procesos que poden derivar en exclusión social»

«Para unha planificación estratéxica do antedito, precísase unha concellería de xuventude activa e en funcionamento que traballe para a mocidade da cidade, coma un colectivo prioritario nas políticas locais. Sería necesario que o goberno municipal entendese que a mocidade é o futuro deste concello.»

«Esta é a nosa defensa, a través desta moción reivindicamos que a mocidade de Ferrol teña o seu lugar nas política públicas e o seu espazo no concello. Agardamos que os novos orzamentos prioricen as necesidades das mozas e mozos de Ferrol e para iso, o Grupo Municipal de Ferrol en Común presenta á consideración do Pleno o seguinte ACORDO:

1. «Marcar unha liña de traballo con obxectivos baseados nas necesidades e demandas específicas da mocidade da cidade de maneira transversal en todas asconcellerías donde a participación sexa o modelo de corresponsabilidade entre as administracións e as persoas mozas».

2. «Poñer en marcha políticas públicas activas de vivenda, emprego, xestión emocional, participación e asociacionismo, ocio, deporte e cultura dirixidas á xuventude para contribuír na emancipación e o desenvolvemento persoal da mocidade.»

3. «Habilitar un espazo público aberto e identitario, coma a Casa da Xuventude, que sirva de lugar de encontro, donde se poidan realizar actividades propiciando un espazo seguro, de convivencia, de comunicación e de participación garantindo un soporte material e técnico adecuado. Espazo tamén de información e asesoramento para a mocidade.»

4.» Dotar de persoal profesional para levar a cabo a coordinación, programación e dinamización tanto do espazo físico coma das diferentes actividades e programación estable de ocio educativo e de calidade, tanto dirixido coma libre.»

 

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …