As Pontes mellorará o firme da Avenida das Veigas e na Rúa Pardo Bazán

O Concello das Pontes investirá 79.421,08 euros, con cargo ao POS 2023 da Deputación da Coruña na mellora da capa de rodaxe na Avenida das Veigas e na Rúa Pardo Bazán, actuacións que lle permiten dar continuidade ao proxecto de rehabilitación, humanización e mellora da accesibilidade levado a cabo polo goberno local na contorna urbana.

As obras proxectadas inclúen o varrido da superficie de ambos viarios así como o fresado e derrubamento da capa de rodaxe, segundo sexa necesario en función das condicións do viario.

Ademais procederase á reparación das fochancas e realizarase, previamente ao afirmado, unha regularización de ambos viarios mediante unha capa de aglomerado. A continuación procederase á extensión dunha nova capa de rodaxe de aglomerado asfáltico quente e os traballos rematarán coa reposición da sinalización horizontal e vertical necesaria.

Lea también

Ares acoge este sábado 12 una jornada de degustación de productos de la ría de Ferrol

La atividad, organizada por la Cofradía de Pescadores de Ferrol, tendrá lugar de 12:00 a …