Narón acolle a presentación do libro “Aínda que te agoches”

A Biblioteca municipal acolle este venres 23 a presentación da primeira novela de Xosé Fernández, “Aínda que te agoches”.

O acto, no que ademais do autor participará a escritora naronesa María Isabel Ramos Breijo, dará comezo ás 18:30 horas, tal e como indicou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro.

A publicación é un relatorio de catro partes independentes con diferente temática pero cun eixo común, todas están centradas sobre todo no social, cunha linguaxe sinxela e desenfadada. Nas narracións deste libro, publicado por Medulia Editorial o pasado mes de decembro, aparecen paisaxes da nosa contorna que nos serán doadas de identificar.

O libro preséntase por vez primeira ao público da man do seu autor, natural do veciño concello de San Sadurniño e autor de obras de poesía e novela, e da naronesa María Isabel Ramos e tralo acto de presentación as persoas que acudan poderán adquirir un exemplar.

Lea también

Narón ultima os preparativos da gran Festa de Fin de Ano na praza de Galicia

Narón despedirá o ano cunha gran festa colectiva baixo carpa na praza de Galicia, un …