Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Xa está aberto o prazo para que todas as compañías e centros educativos que así o desexen poidan inscribirse no XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

Ata o domingo 3 de marzo de 2024 (inclusive) as compañías e/ou centros educativos interesados poderán formalizar a súa inscrición.

Na web do IES Rosalía Mera www.iesrosaliamera.com na sección adicada ao certame de teatro está toda a información relativa a esta edición, na que se atopan as bases para coñecer os requisitos de participación no certame teatral e condicións do mesmo, rider técnico, plano de escenario, modelos oficiais de autorizacións de imaxe, así como o enlace ao formulario online de inscrición.

Unha vez finalizado o período de inscrición, procederase a deseñar e publicar o antes posible o calendario de actuacións. Así mesmo, fixarase unha data para a reunión cos representantes das diferentes compañías e centros educativos participantes para antes do comezo do certame.

As obras distribuiranse nas categorías benxamín, infantil, cadete, xuvenil e sénior; representaranse nas instalacións do IES Rosalía Mera (A Coruña) durante os meses de abril, maio e xuño. A gala de entrega de premios celebrarase no Teatro Colón o día 14 de xuño.

Lea también

Comienza la rehabilitación en Ferrol del castillo de San Felipe

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, valoró positivamente el inicio de las obras …