Cambio de data: “Cantamos con Rosalía!” chega a Neda este domingo

Neda súmase esta semana á celebración do Día de Rosalía, unha xornada para pór en valor a figura e a obra da poetisa máis recoñecida das letras galegas.

Tras un cambio de data alleo ao Concello, a Biblioteca municipal celebrará o aniversario da poetisa o domingo 25 de febreiro co espectáculo infantil “Cantamos con Rosalía?”, para o que se abre o prazo de inscrición.

No marco do programa “Lesme un conto?”, chega á vila o domingo, esta proposta na que, a través da música, dos xogos, e do baile, o compositor, actor e músico Luis Vallecillo comparte como chegou a Galicia dende o seu Madrid natal, na busca das orixes da autora de, entre outras obras, Cantares gallegos e Follas Novas, auténtica pioneira da nosa literatura.

Un proceso de busca no que o actor descubriu e aprendeu a falar e escribir esa ”lingua máxica” que é o galego.

“Cantamos con Rosalía!”, dirixido a nenos e nenas de entre 3 a 10 anos, porase en escena a partir das 12 horas. A actividade, fixada na data en que se conmemora o 187 aniversario da escritora, será totalmente de balde e para participar cómpre anotarse con anterioridade, chamando á biblioteca municipal (teléfono 981 39 02 33). A iniciativa conta co apoio da Deputación da Coruña

Lea también

Actualización sobre el abastecimiento de agua en el Concello de Neda

Veolia, empresa concesionaria del servicio municipal de abastecimiento, sigue trabajando en alternativas para aumentar el …