Alumnos do CIFP Leixa de Ferrol visitan o Museo do Pobo Galego para coñecer o traxe tradicional galego

Os estudantes recolleron documentación para reinterpretar o traxe tradicional galego nun concurso organizado por PuntoGal co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Un grupo de estudantes do CIFP Leixa, de Ferrol, visitou esta mañá o Museo do Pobo Galego para recoller documentación e inspiración para un concurso en que se premiará a reinterpretación do traxe galego tradicional. O grupo estivo acompañado por profesorado e membros do equipo directivo do centro, así como polo Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

O concurso de deseño propón a creación dunha serie de bonecas de papel nas que se reimaxinen as pezas máis emblemáticas da vestimenta tradicional, adaptadas ao mundo actual e tendo en conta os cambios en materiais, expectativas e roles sociais das últimas décadas. Os modelos premiados serán producidos de xeito industrial e distribuídos no Museo do Pobo Galego.

A visita foi conducida por Belén Sáenz-Chas, responsable da colección, e buscou familiarizar os concursantes cos diferentes elementos de vestiario, a través de pezas expostas nas salas do museo e doutras que forman parte do arquivo e que normalmente non son accesibles para os visitantes.

O concurso resolverase no mes de maio e a produción dos materiais impresos terá lugar antes do verán.

Lea también

El TSXG declara improcedente el despido disciplinario de un trabajador que abandonó su puesto de trabajo en el astillero sin avisar

Subraya que la conducta del demandante no supuso un riesgo para la plantilla ni causó …