Ruth Beitia visita as escolas deportivas de ourense co gallo do Campionato de España Absoluto de Atletismo PC

A campioa olímpica en salto de altura Ruth Beitia visitou as escolas deportivas de atletismo de Ourense e as súas contornas.

A visita enmárcouse dentro das accións de promoción que a Deputación de Ourense está levando a cabo conxuntamente ca Real Federación Española de Atletismo con motivo da celebración esta fin de semana, do XL Campionato de España Absoluto de Atletismo PC que terá lugar do venres 16 ó domingo 18 en Expourense

Lembramos que esta presenza prodúcese logo da viaxe, fai unha semana, do tamén medallista olímpico Manolo Martínez quen estivo visitando as escolas de atletismo de O Barco de Valdeorras. 

Beitia tivo tempo primeiramente de estar no Complexo Deportivo de Monterrei cas Escolas Atléticas de Pereiro de Aguiar Ben Cho Shey para continuar a súa visita polas pistas do Campus de Ourense e compartir momentos cas atletas do Club Deportivo La Purísima. De seguido remataba a súa estancia no Módulo Atletismo do Pavillón dos Remedios cos adestradores e atletas do Club Ourense Atletismo.

Palmarés

Nacida en Santander no ano 1979, Ruth Beitia acumula un importantísimo palmarés no que destaca o título de campioa olímpica en Río-2016 e medalla de bronce nos Xogos de Londres-2012.

A maiores conta con nada menos que cinco medallas en Campionatos do Mundo, e nove medallas en campionatos de Europa todo o cal, a converten na atleta española máis importante da historia do noso deporte.

Lea también

Ángela Mataix continuará en el Baxi Ferrol

El Baxi Ferrol empieza a dar formar a su plantilla para la próxima temporada 2024-2025 …