As Somozas se adhire ó programa Xantar na casa

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde de As Somozas, Juan Alonso Tembrás, asinaron un convenio de colaboración para adherir a este concello ao programa Xantar na casa.

Con esta iniciativa achegarase menús sans e equilibrados a un máximo de 10 beneficiarios, entre maiores que viven sos, persoas dependentes ou que están en risco de exclusión social.

Perfecto Rodríguez sinalou que este convenio responde á demanda detectada polos servizos sociais do Concello, que son os encargados de seleccionar aos usuarios. A Xunta encárgase de financiar o 50% do custe da comida, mentres que a outra metade corre a cargo do Concello e dos usuarios a partes iguais.

Así mesmo, o xerente do Consorcio explicou que a comida repártase nos domicilios nunha única entrega para todos os días da semana, incluídos sábados, domingos e festivos, polo que o destinatario soamente ten que quentala antes de consumila.

Ao usuarios do programa tamén se lles facilita os electrodomésticos que necesiten no caso de que carezan deles, como neveira e microondas

Lea también

Rueda subraya la inversión en infraestructuras del agua en Ares para impulsar el turismo de calidad

El presidente de la Xunta destaca la necesidad de servicios «a la altura» del entorno …