Presentación do Campionato Xunta de Galicia de Trail Running

 
O luns 12 de febreiro, presentouse en Muros o Campionato de Galicia de Trailrunning na modalidade “classic” que se desputará tanto en competición individual como de clubs
 
O acto foi presidido pola alcaldesa de Muros, María Lago; o concelleiro de deportes, Damián Torea; a directiva da FGA Esther Pedrosa así como os responsables do club organizador Serres Runners: Paula Cernadas, Félix Rebollido e Mónica Rodríguez
 
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN 
 
O III Trail Cova da Bruxa vai camiño dos mil inscritos, se ben o citado luns se anunciaba en roda de prensa que se superaban os 900, as inscricións seguirán abertas ata o mércores. Esta situación é todo un éxito para a comarca muradá, o atletismo galego e máis na especialidade do trail running. 
 
A competición desputarase na modalidade classic, tanto campionato como as probas abertas do evento e contará tamén con andaina popular e probas escolares. Os percorridos de campionato serán os seguintes: 
23k e +1300 Campionato de Clubs e Individual Sub 23, Absoluto e Master.
15k + 690 Campionato Individual Sub 20
8k +450 Campionato Individual Sub 18 e Sub 16 
 
SELECCIÓN GALEGA 
 
Tódolos mellores corredores da especialidade daranse cita no evento, o cal nos deparará unha competición intensa e vibrante ata a propia liña de meta. 
 
Será a última proba puntuable para o campionato de España na cal están en xogo as 26 prazas da selección galega, atendendo ó ranking galego, sen ningún corredor ou corredora clasificado matemáticamente pódese consultar en www.trailrunning.gal

Lea también

El servico de audiodescripción ya está disponible en todos los partidos del Racing de Ferrol en A Malata

Según informa el Club en su página web, el proyecto Escoita comenzó su funcionamiento el …