O galo don Esmeraldino participa no Entroido de Fene

O galo don Esmeraldino participa este mércores de cinza no desfile de comparsas do Entroido de Fene.

Sairá ás cinco e media da tarde do campo da festa de Perlío. O deseñador Carlos Sardiña elaborou o galo, unha figura de cartón pedra, de case catro metros de alto. É un símbolo da luxuria exacerbada, do exceso carnal e do insaciable apetito sexual.

Representa a Don Esmeraldino, personaxe do libro Merlín e Familia de Alvaro Cunqueiro. Era un vizconde de Braga, ao que lle gustaban moito as mulleres. Facía alarde público das súas conquistas e toda a cidade aplaudía esta exhibición da masculinidade tóxica.

No momento en que recibe unha homenaxe, convírtese inesperadamente en galo. Para desfacer “o meigallo”, levano en peregrinaxe a Santiago de Compostela. Pero o galo escapa e vai a diferentes galiñeiros en Meira, onde fai unha última travesura, creando unha raza de galiñas especialmente poñedoras. Ao ser apreixado, morre na Praza do Obradoiro, diante da catedral. 

Don Esmeraldino participa coa comparsa A Santa Compaña de Radio Fene e do laboratorio de creación artística Laudas Calamity. Acompañan ao galo, máis de 20 galiñas e 90 raposos

Lea también

Un incendio afectó a una gran parte de una nave industrial de Cariño

Un incendio se ha registrado durante la madrugada de este viernes en la localidad coruñesa …