Cerdido destina 58.184 euros a mellorar o camiño que une Piñeiro e Vila da Igrexa

O Concello de Cerdido vén de iniciar as obras para mellorar o camiño que une os lugares de Piñeiro e Vila da Igrexa. O orzamento destinado a este traballo correspóndese cun total de 58.184 euros, que forman parte do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

O proxecto trátase dunha actuación sobre a capa de rodaxe da vía, que conta cunhas dimensións de 850 metros de lonxitude e 5 metros de ancho. A superficie cubrirase con aglomerado en quente, previa reparación das fochancas e mordentes con grava e tratamento asfáltico. A obra complétase coa limpeza das gabias e salvagavias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.

A obra persegue a mellora dunha infraestrutura básica en favor dos veciños e veciñas do municipio de Cerdido, na procura de facilitar o transporte e garantir a seguridade vial.

O alcalde, Alberto Rey, destacou “a importancia que ten a realización destas melloras estruturais, que forman parte do mantemento da vila e benefician directamente á veciñanza”. O rexedor subliñou “a importancia de ter unhas boas conexións entre os distintos núcleos rurais nun concello como Cerdido para facilitar os desprazamentos do día a día”.

Lea también

La Mancomunidad solicita más medios para las obras del Puente de Piedra en Cabanas

La Mancomunidad de Concellos de la comarca de Ferrolterra aprobó en el último pleno ordinario …