Fene acolle o campionato de Preseleccións Provinciais de patinaxe artística

O Concello de Fene colabora co club fenés Buxaina na organización do Campionato de preseleccións provinciais (Coruña e Lugo) de patinaxe artística nas categorías benxamín, alevín e infantil.

O evento terá lugar este sábado 10 de febreiro, no pavillón polideportivo da Xunqueira e contará coa participación dos nenos das dúas provincias, nas súas respectivas categorías, femininas e masculinas.

O campionato comezará coa categoría infantil que competirá en horario de mañá, de 9:30 a 14:15 horas. Pola tarde competirán as categorías benxamín e alevín, de 16:00 a 18:45 horas.

Este campionato contará cos mellores patinadores tanto da provincia da Coruña como da de Lugo, determinando a categoría na que poderán competir durante esta tempada. Así, logo da cita deste sábado e, segundo a puntuación e clasificación que obteñan os patinadores, quedarán divididos para toda a tempada en patinadores de categoría Nacional ou Rexional.

A normativa da competición será a mesma que a establecida para a Categoría Nacional.

Lea también

El Racing comienza el año este sábado con un gran derbi en Pontevedra

M.V. El Racing comienza el año este sábado con un gran derbi en Pontevedra. Los …