Tres medallas e nove finalistas no Campionato de España Sub23 de pista curta

Un ouro, dúas pratas, dous récords galegos e un total de nove finalistas, foi o excelente resultado acadado polo atletismo galego no Campionato de España Sub23 de pista curta desenvolto durante esta pasada fin de semana en Antequera.

Foto Miguélez RFEA

Bo resultado para as nos@s

O máis salientable foi o título de España logrado pola internacional do RIA Ferrol Xiana Lago quen sobre o círculo de peso lograba no seu quinto lanzamento un tiro de 13.00 m. Con ese metal logra mellorar no seu primeiro ano Sub23, a medalla de prata lograda no pasado campionato en Sabadell, confirmando ao mesmo tempo a súa magnífica progresión.

Hugo Vázquez do Marineda sobre os 60 valos foi outro dos protagonistas destes campionatos. O internacional coruñés protagonizaba nas semifinais un rexistro de 8.00 o que representaban un novo récord galego Sub23 e a chave de acceso a final. Xa na mesma, volvería a rebaixar esa marca ata deixala en 7.97 logrando un sensacional subcampionato de España.

Inés do Campo no podio

O terceiro dos metais foi parar á Inés Docampo sobre a proba dos 3.000 m. A internacional do ADAS CUPA partía como unha das serias aspirantes a lograr unha das medallas en xogo que tiña en Marta Serrano á clara favorita. Ao remate, excelente carreira da campioa de Europa por equipos do ano pasado en campo a través,  quen plantando cara á madrileña, tan só cedería nos últimos metros logrando ademáis unha MMP de 9:28.47.

No resto de actuacións cabe salientar os postos de finalistas logrados por Miguel Angel Granados do R.C.Celta, 4º en peso con 15.81; Aitor Fernández do Super Amara, 5º en Heptatlón con 5.099 puntos; Andrea Reija do Xuncas Diversia, 6ª en Pentatlón con 3.645 puntos; María Fernández do Pielagos, 6º nos 800 m. con 2:13.04; Samuel Lema do A.Negreira, 6º en peso con 14.33 m.; David Vicente do Playas de Castellón, 7º nos 60 valos con 8.26; Jorge Román Leiros, 6º nos 400 m. con 48.07; Isabel Caeiro da Gimnástica, 7ª nos 3.000 m. con 10:08.05 e Ariadna Gil da Gimnástica, 8ª en triplo con 11.94.

Lea también

A Coruña acoge las movilizaciones centrales por el 1 de mayo con el foco en la demanda de mejores salarios

A Coruña acoge los actos centrales de los sindicatos este 1 de mayo, Día Internacional …