Ares volve deixar a súa impronta mariñeira na serie “Saudade de ti”

Luces, cámara e acción! Son estas as frases que se repiten ao longo da xornada deste luns 5 de febreiro, por mor da rodaxe da serie Saudade de Ti da TVG en Ares.

O equipo técnico e artístico regresou ao municipio para gravar varias secuencias da súa terceira tempada, facendo que sexa xa unha paisaxe cotián dentro da serie.

O trasfego de produtores, directores e actores puido verse pola mañá en diferentes localidades aresáns, coma o paseo marítimo ou os arredores do mercado municipal, e pola tarde na contorna do Porto.

Algúns destes espazos, de feito, xa foron protagonistas nas tres xornadas de gravación de Saudade de Ti que presenciou a vila. Así, o ambiente mariñeiro de Ares tamén deixou a súa impronta na configuración estética da serie da Televisión de Galicia!

Lea también

El Brujo, La Zaranda e Chévere entre a programación escénica de primavera no Pazo da Cultura de Narón

O Pazo da Cultura de Narón afronta o segundo trimestre de 2026 cunha programación que …