Se imparte en Narón o curso de “Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG”

As persoas que desexen realizar a acción formativa, con certificado de profesionalidade nivel 2, de formación cualificada completa, de “Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG” deben inscribirse a través da web de emprego da Xunta de Galicia.

Esta acción formativa, tal e como recordou a concelleira de Formación do Concello de Narón, Natalia Hermida, diríxese a persoas desempregadas que para poder realizala deben ter a titulación de ESO, Competencias clave nivel 2, FP en primeiro grao e/ou outras titulacións académicas ou certificados.

O vindeiro 14 de febreiro terá lugar o proceso selectivo, sendo preciso estar previamente inscrito. O trámite pode realizarse no enlace: https://emprego.xunta.es/diplos/curso?accion=2023/005110-01 (co código 2023/005110-01) ou de xeito presencial acudindo á Oficina de emprego ubicada na Praza Camilo José Cela, no edificio administrativo da Xunta en Ferrol.

As clases terán unha duración de de 678 horas e impartiranse do 22 de febreiro ao 12 de setembro deste ano, en horario de tarde (de 15:00 a 20:00), no Centro municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara

Interpretación de planos de soldadura, procesos de corte e preparación de bordos, soldadura oxigás, soldadura MAG de estruturas de aceiro ao carbono, soldadura MIG de aceiro inoxidable e aluminio e soldadura con arame tubular forman parte do programa formativo deste curso.

A maiores, o alumnado realizará módulos transversais: un básico de Prevención de Riscos Laborais, outro de Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na Igualdade de xénero e outro de formación para a Igualdade.  No apartado de prácticas realizarán 40 horas de soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG.

As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1123 ou 2602).

Lea también

Reunión informativa en Narón para representantes das comparsas de Entroido

O Pazo da Cultura acolle este venres 24 unha reunión informativa sobre a celebración do …