Valentin Formoso, alcalde de As Pontes, visita «Delicias Coruña»

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, acompañado pola concelleira de Industria, Ana Pena, visitou, esta semana, «Delicias Coruña», a empresa de fabricación de empanadas máis grande do mundo.

A empresa, asentada no polígono de Penapurreira, cun plantel que se duplicou nos últimos anos ata superar os 200 empregados, adícase á fabricación de produtos tradicionais galegos, conxelados e refrixerados, con base en panadería e repostería. Entre a súa carteira de produtos atópanse as empanadas, as empanadillas e as tortas, englobadas baixo marcas como Obradoiro ou SanTyago.

Ao remate da visita, na que o alcalde puido coñecer de primeira man os proxectos de mellora e automatización do proceso produtivo nos que traballa Delicias Coruña co obxectivo ampliar a súa cota de mercado, González Formoso destacou a versatilidade das instalacións da empresa nas Pontes

“Unha planta que incorpora a última tecnoloxía en sistemas de elaboración, envasado e control na que tamén se aposta polo mantemento do proceso artesanal nos formatos máis tradicionais que, unido á alta calidade de materias primas lles permite ser un referente dentro do mercado nacional.”

O rexedor local tamén quixo subliñar os inventimentos realizados pola empresa durante os últimos anos, próximos aos 10 millóns de euros, para ampliar e mellorar a súa capacidade de produción, apostando pola innovación e a incorporación de novos produtos, para ofrecer a gama máis completa do mercado español en empanadas e empanadillas así como no mercado internacional, principalmente en Francia, Reino Unido, Alemania, Bélxica, México, Estados Unidos e República Dominicana.

Lea también

Rapaces do CPI As Mirandas, Ares, indagan na construción dunha sociedade máis igualitaria

Ao longo do mes de novembro, como parte das programacións polo 25N en Ares, estudantado …