Se ultiman os preparativos do XXIV Festival de Entroido de Valdoviño

O Concello de Valdoviño abre este xoves 1 de febreiro a inscrición no seu XXIV Festival de Entroido, que terá lugar o sábado 17 de febreiro no anfiteatro da casa da cultura tras o desfile previo que partirá da casa consistorial.

Este ano, estará conducido pola galetiktoker Leti Da Taberna, que regresará ao municipio tras a boa acollida do seu monólogo no ciclo municipal Únic@s.

O festival contará cun tope de 8 comparsas participantes, e a inscrición pode formalizarse ata o 11 de febreiro a través da sede electrónica ou de forma presencial na casa da cultura, de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 19 h, e a maiores, o mesmo día 17, na casa consistorial de 16:30 a 17:00 h para a categoría individual sempre e cando non se formalizase previamente.

Ademais das comparsas, que deberán contar cun mínimo de 8 participantes, o festival dará entrada a novas categorías: grupo grande, de 5 a 7 integrantes,  e pequeno, de 3 a 4 membros, ademáis das parellas, 2 persoas, e os disfraces individuais.

Neste contexto, o certame repartirá 3.450 euros en premios: dende os 500 euros das comparsas ata os 50 euros dos disfraces individuais, e as primeiras recibirán 300 euros tan só por participar. Iso si, se finalmente gañan o premio, este sustituirase pola anterior gratificación. O certamen tamén inclúe este ano un Accésit ao Mellor Carnaval, cun premio de 50 euros, a elección do xurado.

Por último, dende o Concello de Valdoviño anímase a todos os veciños a disfrazarse e participar do desfile que precederá ao festival.

As bases da convocatoria e a documentación a entregar poden consultarse e descargarse da web municipal.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …