A alcaldesa de Narón Marián Ferreiro desprazase a Madrid para asistir a FITUR

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse a Madrid co fin de visitar a Feira Internacional de Turismo (FITUR), na súa 44 edición, que se inaugura este martes 24. Unhas 9.000 empresas de máis de 150 países e máis de 800 expositores amosan a súa oferta nos nove pavillóns localizados en Ifema.

“Esta visita supón unha excelente oportunidade para que a nosa comarca en xeral e o noso concello en particular estean presentes a través da Mancomunidade, amosando o gran potencial da zona aos milleiros de persoas que visitarán FITUR”, destacou Ferreiro.

Aos pavillóns reservados para os países de África, América, Europa, Oriente Próximo e Asia-Pacífico, súmanse os destinados ás entidades e organismos oficiais españois e tamén o destinado aos stands das empresas.

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrolterra está un ano máis presente nesta feira, cunha presentación que tivo lugar hoxe ás 17:30 horas e ofrecendo información sobre os concellos que a integran, entre eles Narón.

Na xornada de hoxe e ata o venres 27 só poderán acceder a FITUR os profesionais do sector, se ben durante a fin de semana estará aberta ao público xeral en horario de mañá e tarde.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …