O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, apuntou este luns á necesidade de ter “un presidente como Besteiro” para afrontar os próximos catro anos que son “os máis importantes para o futuro económico de Galicia ante o reparto de 60.000 millóns de euros a fondo perdido entre as comunidades autónomas, como oportunidade para transformar e economía e reindustrializar o país.
Formoso valorou o resultado dun intenso fin de semana coa celebración da Convención Impulso de País do PSOE e dos Socialistas Europeos celebrada na Coruña, así como a manifestación contra a xestión da Xunta da crise dos pélets que tivo lugar este domingo en
Santiago apoiada polos socialistas e na que participou o propio Formoso, Besteiro e os principais candidatos polas catro provincias de cara ao 18F.
O secretario xeral dos socialistas galegos explicou que a celebración desta Convención, con máis de 1.600 delegados de toda España, serviu para rearmar ideoloxicamente ao partido e configurar as liñas a seguir polo goberno e polo PSOE nos vindeiros anos. Do mesmo xeito,
remarcou que serviu para “dar un impulso ao país” e que marcou “un antes e un despois na precampaña” das eleccións galegas.
Asimesmo destacou que na Convención “quedou demostrado que o noso candidato é o único que fala do que realmente lle importa aos galegos, como son o emprego e a protección social”. Aplaudiu tamén a referencia de Besteiro á revolución industrial que necesita Galicia “porque é un obxectivo que temos os socialistas”, apuntou.