Máis de 250 escolares participan en Narón na 5ª edición das Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria

A quinta edición das Olimpíadas Escolares de Seguridade viaria comezou esta semana en oito centros de ensino de Narón. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Viaria, José Oreona, que valorou o feito de que un total de 255 alumnas e alumnos de quinto curso de educación Primaria estean participando este ano na convocatoria. A Confederación Nacional de Autoescuelas colabora de novo nesta acción, na que se implicaron os colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, O Feal, A Gándara, e Piñeiros.

A convocatoria consta de tres fases, unha teórica na que se abordan cinco áreas: educación viaria, medio ambiente e contaminación, primeiros auxilios, matemáticas aplicadas ao programa de Educación viaria e inglés. Esta fase desenvolverase entre este mes e o de marzo e unha vez finalizada os titores de cada grupo seleccionarán entre o alumnado a seis menores por centro para representar na final ao seu centro.

A segunda das fases, a práctica, consistirá nunha xincana con bicicletas, na que as nenas e nenos realizarán un circuíto cunha serie de normas a cumprir e que serán evaluadas por un tribunal para asignar a puntuación correspondente. Este ano, como novidade, tamén farán esta proba un profesor ou profesora de cada centro, contabilizando o tempo de execución como o do resto do alumnado. O resultado final será a media da aula ou aulas e sumarase ao cuestionario da fase final.

Por último, o 21 de marzo ás 10:00 horas terá lugar no Pazo da Cultura a fase final, na que a través da plataforma Kahoot os escolares, por centros, respostarán a un cuestionario de 30 preguntas tipo test con sobre as cinco materias extraídas do temario. Os finalistas serán os que obteñan unha maior puntuación sumando os tempos do cuestionario final e da xincana. Ao remate do acto entregaranse tres premios, para os tres grupos de colexios clasificados con máis puntos.

O edil de Seguridade Cidadá agradeceu aos centros a súa participación e implicación nesta convocatoria, na que os escolares “reciben unha formación moi útil para o seu día a día, abordando unha serie de contidos da man de profesionais en diferentes materias”.

Lea también

El gimnasio Benygym de Narón brilla en el Open Nacional ISKA de Bilbao de Kickboxing

El gimnasio Benygym de Narón volvió a demostrar el excelente nivel de sus competidores tras …