Os departamentos de Educación familiar e de Servizos Sociais do Concello de San Sadurniño volveron por en marcha dende este mércores 7 de febrero o programa deseñado para favorecer un desenvolvemento integral da rapazada, desde preescolar até a adolescencia.
Neste sentido, o que antes eran Tempos das Familias e Espazos das Familias xúntanse agora nun mesmo itinerario denominado Escola de Familias que mantén a súa filosofía de servir de punto de encontro onde compartir experiencias sobre a crianza dos fillos ao mesmo tempo, asesorarse con persoas expertas en distintas materias.
As sesións gratuitas desenvolveranse ata finais de maio, todas elas na Casa da Cultura. Fai falla inscrición previa no 673 903 922 ou no correo veronica.perez@sansadurnino.
O Concello conta coa colaboración da médica do CHUF Ana Belén Pérez Fernández, da psicóloga clínica Pilar Carballeira e da coach e educadora Laura Balado, que abordarán temas relacionados cos primeiros auxilios, o control das rabietas e a prevención do bullying.
Ademais, nas cuestións que teñen máis que ver coa prevención de condutas aditivas, a mellora da comunicación e as normas e límites no seo da familia, tamén axudará persoal experto de ASFEDRO, no marco dun programa financiado pola Consellaría de Sanidade.
A programación completa da Escola de Familias é a seguinte:
Este mércore 7 de febreiro, de 17:00 a 18:30h: Primeiros auxilios infantís, dirixidos a familias con nenos de entre 0 e 6 anos.
28 de febreiro, de 17:00 a 18:30h: Comunicación na familia e estilos educativos. Para familias con rapazada en Primaria ou Secundaria, de 6 a 16 anos.
6 de marzo, de 17:00 a 19:00h: Coñecendo as rabietas, normas e límites na primeira infancia (0 a 6 anos).
20 de marzo, 17:00 a 18:30h: Impacto e prevención do bullying na vida das nosas crianzas (6 a 16 anos).
24 de abril, 17:00 a 18:30h: Normas e límites na familia (6 a 16 anos).29 de maio, 17:00 a 18:30h: Condutas aditivas (6 a 16 anos).