A raiña do vento

Miguel Alonso

Unha das cancións que máis alegrías me de na miña vida musical foi “A raíña do vento”. É unha canción que escribín para o meu último disco “A noite dos cans”. Deume moitas alegrías, digo, porque frecuentemente achégaseme xente nos concertos a dicirme o moito que lles gusta e lles di este tema. Outras moitas veces teño visto como a xente a compartía polas redes sociais en referencia a algún triste suceso da actualidade relacionado coa violencia de xénero.

É curioso, porque en principio eu só pensaba plasmar na letra a necesidade imperiosa de igualdade entre homes e mulleres (algo que non se cumpre aínda, díganllo ás moitas mulleres que cobran menos que os seus compañeiros de traballo por facer o mesmo). Resumíndoo moito, fala de necesidade de liberdade nunha sociedade que segue a ser eminentemente machista.

Aquí lles deixo a letra e un vídeo tocándoa en directo na TVG. Oxalá lles guste.

Voou

sen máis bandeira

que as súas cadeiras.

nesta fuxida,

sen punto de partida

nin fin de viaxe.

 

Feliz

de verse soa

sen un perdoa

en cada día

con mil mentiras

por equipaxe.

Fuxiu

e coroouse raíña do vento

que lle levantaba a saia a Marilyn.

Escapou

disfrazada dos seus mellores momentos,

de boneca rusa con aire de Steve McQueen.

Por fin

os tempos cambiaban,

no cd cantaba

o vello Bob Dylan,

coma unha ladaíña

coma un futuro.

Café

para non ficar durmida

por se acaso a vida

lle sorría,

e non perderse cada día

en tempos escuros.

Fuxiu…

 De nena boa con aires de James Dean.

http://www.youtube.com/watch?v=CL49JLkqoSI

Lea también

Mujeres en la Música Gallega-(Julia M.ª Dopico Vale)

Julia M.ª Dopico Vale Este viernes se celebró en el Museo de Bellas Artes la …