A revista ATENEA comezou a publicarse o día 1 de outubro de 1999. Converteuse, logo de moitas dificultades, nun referente no mundo das publicacións en galego pola gran calidade dos seus colaboradores, ocupándose dalgúns dos temas clave da sociedade, a política, a historia, o medio ambiente as artes, etc.
A Revista ATENEA procura ofrecer, en cada número, unha miscelánea de colaboracións rigorosas e atentas aos temas do noso tempo, para elo conta coa colaboración de autores e autoras de Galicia e do resto da península, cunha especial atención a todo o concernente á cultura en galego, que sempre estivo presente na tribuna do Ateneo onde, por riba de todo, se divulgan todas as inquietudes intelectuais do noso país e danse a coñecer as primicias de novas correntes artísticas e literarias.
Contido neste novo número:
O Ateneo Ferrolán mantense fiel ao seu lema: “Un lugar de encontro para a cultura”. Un lugar para a curiosidade que é o motor da creatividade e da ciencia.
Pode consultarse no repositorio dixital do Ateneo Ferrolán: https://archive.org/details/atenea/2023_num55/